xoves, 29 de abril de 2010

Aí vén o maio!



Fernández Morales, un poeta que nos deixou nos seus Ensayos poéticos en dialecto berciano unha chea de referencias ás tradiciois máis variadas e a costumes vivos en pleno século XIX, hoxe moitos deles desaparecidos, curiosamente non ofrece ningún dato sobre os maios e a súa celebración no Bierzo. Ao contrario do que ocorre con outros poetas coñecidos do Rexurdimento, como Curros Enríquez, que facendo uso da temática costumista compuxo un fermoso e coñecidísimo poema sobre o maio conferíndolle unha carga social contudente, o noso poeta, a pesar de falar de romarías, de feiras e gastronomía non debeu pasar nunca a xornada do primeiro de maio na vila do Burbia, a esa que cantou en tempo da vendima. Tan só con sentido simbólico cita o nome do mes de maio identificado coa idea de primavera e do amor feliz no poema O San Roque de Paradela:

Non faltan botarates
q´as paseadas
d´as nenas c´os rapaces
deslices chaman.
¡Chamar deslices,
obras q´á algúas pra Mayo
farán felices!...

Mais como no Bierzo e en Vilafranca existe un costume digno de ser cantado dexamos aquí algunha copla que a tradición oral fixo chegar aos nosos días e un enlace para coñecer mellor as singularidades que este costume presenta na nosa comarca.

Marzo airoso,

abril chuviñoso

sacan o maio,

florido e fermoso.

Levántate maio
bastane dormiche,
pasou un burro
e non o sentiche.

Ningún comentario:

Publicar un comentario