martes, 13 de abril de 2010

Morales cos alumn@s do galego no Bierzo




153 alumnos e alumnas de galego no Bierzo visitan estes días Galicia como consecuencia dunha visita concertada no programa que a instancias da Secretaría de Política Lingüística da Xunta visitarán entre outras Compostela e O Grove, ademais de realizar diversas actividades e concretra algunhas outras que con carácter de intercambio se viñan preparando, como é o caso dun encontro de rapaces de Secundaria do Bierzo cos de o IES de Cuntis. Visita a Catedral, a Exposición Galicia Dixital, ao aquario do Grove e unha especie de bautismo marítimo son algunhas das actividades que irán desenvolvendo.


A Voz de Galicia está facendo un seguimento curioso da nova educativa procurando describir a relación existente a día de hoxe do Bierzo con Galicia, e como non podía ser menos, hai opiniois e declaraciois de todo tipo especialmente aquelas que se refiren a lingua e coas que a prensa provoca unha certa distorsión da realidade. O programa de galego é un éxito e está contrarestando o declinar de galegofalantes entre os máis novos.

Tamén hai que dicir que estas máis de mil rapaces e rapazas e as súas familias, que escolleron o galego de forma voluntaria, son a mellor garantía de difusión futura de Fernández Morales porque grazas a experiencias tan positivas como a da presenza do galego no ensino do Bierzo e Zamora, Galicia debe volver a súa mirada necesariamente cara estas comunidades de galegofalantes estremeiras, estudar e coñecer mellor o que elas ao longo da historia aportaron á cultura de Galicia. Os "Ensayos poéticos en dialecto berciano" publicados por Fernández Morales en 1861, dous anos antes do poemario de Rosalía de Castro co que dá comezo o Rexurdimento, resulta unha obra de gran relevancia, case que ignorada atá o de agora nos manuais de Literatura Galega. Deberíase realizar unha revisión máis equilibrada deste período da nosa Literatura para non deixar á marxe o magnífico aporte desta comunidade de falantes nos lindeiros da galeguidade.
@s alumn@s do Bierzo que estudan e coñecen este poemario serán pois os mellores embaixadores dos valores que para as Letras galegas ten. Lembremos que partiu dun grupo de rapaces e rapazas, do seus mestres e profesores e das súas familias a idea de propoñer a Fernández Morales como figura a homenaxear no próximo 2011 con motivo do Día das Letras Galegas.

1 comentario:

  1. O mellor para esta nova iniciativa a prol da Declaración do Día das Letras Galegas para o noso Antonio Fernández e Morales. Forza e apoio para o voso traballo vindicativo, de Xabier Lago.
    www.obierzoceibe.blogspot.com

    ResponderEliminar