mércores, 23 de xuño de 2010

Morales 2011 recibe novos apoios dende o Bierzo

Varios entes culturais do Bierzo acaban de facer público o seu apoio á solicitude de Morales para as Letras Galegas do 2011. Trátase de entes tan prestixiosos como o Instituto de Estudios Bercianos ou tan coñecidos na reivindicación do galego no Bierzo como Asociación cultural Escola de Gaitas de Vilafranca, Fala Ceibe ou Xarmenta e Vagalume, a asociaciois ligadas ao traballo co medio ambiente como A Morteira, a recuperación e a dinamización da cultura no rural, Asociación Taxus, ao que hai que engadir o propio colectivo dos docentes de lingua galega no Bierzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario