sábado, 12 de xaneiro de 2013

A PALABRA DA SEMANA: ANDROLLA


Seguindo ao gran cantor das terras do Bierzo iniciamos esta andaina que editaremos unha vez por semana (por iso imos chamala "a palabra da semana") polo dialecto berciano da mao de Antonio Fernández Morales e os seus “ Ensayos poéticos”.

Imaxinemos logo que temos un dicionario e a capricho abrimos nunha das súas entradas e vemos:

ANDROLLA: Tripa curta e ancha chea de certos menudos adobados de cocho, que se fai no país pola matanza. (do catálogo de voces do dialecto berciano de Fernádez Morales)

Procuraremos ilustrar cada entrada ben con imaxes, ben con versos ou textos, neste caso con ambalas dúas cousas:

O viño ailí anda por largo;
fumea a xixa de vaca,
os botelos, as androllas,
cachuchas, de cocho as patas,
pampalliños, longanizas,
uvas, conchos e castañas,... 
(Do poema o Entroido
de Antonio Fernández Morales)


Ademais imos deixar aberta a procura da palabra noutros dicionarios como:

Neste último enlace Elixio Rivas, como case seguro non vos pasou desapercibido, cita a palabra androlla recollida en Dragonte (Corullón) e cita outra variante "andolla" , esta recollida no mesmo concello en Viariz. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario