xoves, 18 de abril de 2013

UN AUTOR DO GALEGO NO BIERZO DO SÉCULO XX

Esta semana foi para o galego do Bierzo unha semana significativa pola celebración dunha homenaxe ao autor Ramón González-Alegre Bálgoma ( Vilafranca do Bierzo 1920- Vigo 1968) un autor imprescindible para a historia da literatura berciana en galego coma Morales o foi un cento de anos antes. Estas xornadas de autor organizadas polo Instituto de Estudos Bercianos (IEB) contaron coa colaboración da Universidade de Vigo, a UNED e dos concellos bercianos de Vilafranca e Ponferrada. Comezaron o domingo 14 de abril e remataron onte, día 17.
Con este motivo imos recuperar para este blog unhas páxinas da Memoria doutras xornadas, estas realizadas no ano 1996,  que recollen unha intervención semellante á que realizou Méndez Ferrín o pasado domingo, por ter como centro de interese ao mesmo autor e por conter similares consideraciois. Trátase dunha transcrición realizada dunha gravación magnetofónica daquela intervención histórica que fixera Méndez Ferrín a invitación da Asociación Cultural " Escola de Gaitas de Vilafranca" organizadora deste evento  do que logo editou en formato de revista esta memoria.  Saiban desculpar certos erros ortográficos que ten esta edición :




Ningún comentario:

Publicar un comentario