sábado, 22 de xuño de 2013

A PALABRA DA SEMANA: BEIRÓN

Esta é unha palabra que aparece definida polo propio Antonio Fernández Morales no seu catálogo de voces  do subdialecto berciano no que di "beirón: cerca da herdade formada por silveiras, escambrois ou outras plantas".

Esta palabra aparece en distintos poemas, poñamos un exemplo no que  Lucas comtempla agachado nun beirón como a pastora Petriña vai lavar os pes á fonte:

"Lucas, q´ailí a viu sentar,
tras do beirón se agachou,
e por mellor contemplar
a pastora, sin falar
as zarzas aburacou."

( do poema "A boda de Petriña")

Neste mesmo poema aparece beirois, a nosa palabra co plural propio do galego oriental ao que Morales chamaba subdialecto berciano. Colocamos eiquí unha listaxe das citas deste plural segundo o Tesouro Informatizado da Lingua Galega.

Vaiamos agora aos dicionarios por ver que poñen. O dicionario da RAG e ao dicionario dos dicionarios nos que aparece esta palabra e como é habitual Elixio Rivas fai referencia ao seu uso nas terras bercianas.

Á importancia paisaxística que tein no Bierzo os beirois témoslle que engadir a que aporta como lugar de refuxio de paxaros e outros animais (como o lagarto das silveiras).

Ningún comentario:

Publicar un comentario