domingo, 16 de marzo de 2014

REPORTAXE SOBRE AS VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Neste blog non perdemos ocasión de facernos eco de eventos de interese relacionados coa fala galega no Bierzo. Razón pola que traemos eiquí hoxe unha especie de reportaxe sobre as VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO que se celebraron os días 7-8 e 9 de marzo en Vilafranca do Bierzo. Neste curso escolar ademais ao cumprirense o décimo segundo aniversario da introdución do galego nos centros educativos do Bierzo foi escollido este asunto como centro de interese das propias xornadas, tendo en conta que o estudo das escolas do galego era unha das arelas soñadas por Sarmiento.

O día 7 de marzo daban comezo pois as VI Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo, xornadas organizadas pola Comisión Cultural que tamén leva o nome do ilustrado galego berciano que, de novo, foi homenaxeado esta fin de semana pasada na súa vila natal, coincidindo precisamente coa data do seu nacemento, un 9 de marzo de 1695.
Estas Xornadas levaban o lema de Educación, cultura e lingua por celebrarse este curso, como xa se dixo, o décimo segundo aniversario da introdución do galego nos centros escolares do Bierzo e foi precisamente sobre estes doce anos de experiencia sobre o que versaron os Intercambios Escolares que tiveron lugar na primeira das xornadas na mañá do venres e que reuniron en dúas sesións diferenciadas, por un lado á totalidade do alumnado de Secundaria dos catro institutos que imparten o Programa de Promoción do Galego, como pola outra, na segunda das sesións realizadas no Teatro Vilafranquino, a unha ampla representación dos 14 centros de Primaria do Bierzo e Sanabria. Temos que sinalar que o Académico correspondente das Portelas, Felipe Lubián acompañou á de delegación de alumnos que se desprazous dende a localidade zamorana de Lubián en calidade de Alcalde.

Cos Intercambios Escolares a Comisión Cultural procura a participación directa dos rapaces do Programa de galego dos distintos centros do Bierzo, e nesta ocasión foron os catro institutos onde se imparte os que realizaron un audiovisual facendo unha a nálise do que supuxeron estes doce anos de experiencia docente en galego ( entrevistas aos propios alumnos, profesorado, pais...).


Logo da visualización dos vídeos de cada centro e do agradecemento especial ás youtubeiras Alma e Henar que estiveron con nós no teatro e colaboraron tamén co vídeo realizado no IES Bergidum Flavium de Cacabelos, tivo lugara a intervención das autoridades educativas presentes. Ademais da Alcaldesa de Vilafranca, Conchi López Blanco que deu a benvida a todos os presentes e agradeceu nunhas breves palabras en galego e castelán esta homenaxe que se facía a un fillo predilecto da vila, interviñeron a continuación Jesús Hurtado, Director General de Recursos Humanos da Consejería de Educación da Junta de Castela e León, que viña acompañado da Directora Provincial de Educación de León ao non poder asistir, como tiña previsto, o propio Consejero de Educación da Junta. Quen si asistiu e estivo presente durante toda a mañá nas Xornadas foi o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad a quen acompañou en todo momento, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta. Podemos constatar como se desenvolveu esta primeira sesión dos Intercambios Escolares dos alumnos de secundaria no seguinte enlace co vídeo de Bierzo TV .

Para os alumnos/as de Secundaria de Vilafranca, Ponferrada ( tanto do IES Europa como o do Virxe da Encina) e Cacabelos foi especialmente grato o monólogo que subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta tivo lugar a continuación no Teatro vilafranquino baixo o título A Historia da Fala  que realizou Brais Fernández de Xandobela, unha Historia que partiu da Prehistoria e detivose en momentos clave da Historia do Antigo Reino da Gallaecia e da Galicia medieval coa participación entusiasta de espontáneos ata chegar á época de Sarmiento.



















A partir das 11.30 h os alumnos/as de Secundaria do Programa de Galego guiados polos seus compañeiros do IES. Padre Sarmiento comezaron un ITINERARIO DIDÁCTICO “Atrévete a saber da mao de Sarmiento”  iniciativa da Comisión Cultural Martín Sarmiento na que colaboran o equipo docente do IES. Padre Sarmiento e as asociacións:  A Morteira,  BURVAL, a Escola de Gaitas e a Concellaría de Cultura de Vilafranca. Cinco espazos disntintos para abordar diversas facetas do Patrimonio local: A economía tradicional do viño, A cultura do castañeiro, un achegamento a etnografía de Vilafranca, os nomes locais dos paxaros no Museo de Ciencias dos Paúis e os espazos biográficos na vila relacionados con Sarmiento.



Namentres os nenos de Primaria dos cursos de 5º e 6º  dos seguintes centros:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Ximena Muñiz de Corullón,
CRA Ponte de Domingo Flórez,
CEIP Tuela Bibei de Lubián (Zamora)
Colegio Divina Pastora de Vilafranca.
 reunironse tamén no Teatro para gozar dun marabilloso espectáculo co que lles agasallou nesta data a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta como alumnos/as do Programa de Galego no Bierzo desta etapa. O espectáculo titulado A nena e o grilo no seu barquiño, obra para o público infantil, da man dos galegos Magín Blanco e o Teatro dos Ghazafellos obtivo un grande éxito.


































Á tardiña do día 7 chegou o momento da reflexión na Mesa dedebate: As arelas de Sarmiento  titulada  Presente e  futuro do Programa de galego no Bierzo e Sanabria que tivo lugar en Ponferrada Salon de actos do Campus da Universidade de León.
Presentou: Ana María Vega Fernández, delegada do rector mno Campus de Ponferrada da Universidade de León.
Moderou: Ricardo López Témez, xornalista.
Interviñeron:
-          Emilia Villanueva, Directora Provincial de Educación de León ocupou finalmente o lugar de Fernando Sánchez-Pascuala Neira, Director General de Política Educativa Escolar de la Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León.

-          Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación e Investigación Universitaria da Xunta de Galicia.

-          Héctor M. Silveiro, coordinador da Comisión Cultural “Martín Sarmiento” e membro correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega.

-           Representantes da Comunidade Escolar Berciana: A xefa de departamento da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, ademais Miguel Arce Santiago, entre outros docentes de galego presentes e algún director ds centros que imparten o Programa. Tamén interviñeron Alberte Canosa, membro das ANPAS ademais dos representantesde diversas asociaciois presentes Fala Ceibe, Xarmenta, Escola de Gaitas de Vilafranca... No debate constatouse en primeiro lugar o éxito do Programa que comezou con 3 centros e apenas un centenar de matriculados e doce anos despois impártese a máis de 1000 alumnos/as en catro institutos e 13 centros de Primaria ademais da Escola Oficial de Idiomas que presenta unha matrícula tamén moi numerosa.  Non obstante tocaronse os problemas que veñen atopando e manifestáronse certas discrepancias entre as Autoriadades e os docentes, ás quese sumaron os entes presentes como por exemplo á hora de entender o Programa como un Programa de Promoción e non considerar a ratio de alumnos/as matriculados para poder impartirlo nos centros educativos. Subliñouse en todo caso a importancia deestablecer este tipo de debates no interese de mellorar as condiciois nas que se imparte e mater o éxito acadado.

Ao día seguinte, de novo en Vilafranca por iniciativa da propia Real Academia Galega e da súa actual directiva, levouse a cabo unha Homenaxe da Real Academia Galega a Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo, un acto centrado no gran Sarmiento, o da Galicia lingüística do século XVIII, que segue a ser hoxe unha voz sabia e potente que nos fala desde Vilafranca (o seu berce), desde Pontevedra (o “humus familiar”) e desde todos aqueles lugares nos que a lingua galega é diálogo e canción.

A homenaxe tivo como preámbulo unha reunión con distintos alcaldes e entidades bercianas na que participaron por parte da Academia o propio Presidente, Xesús Alonso Montero, o Secretario da mesma Henrique Monteagudo, así como o académico numerario Francisco Fernández Rei, un dos mellores coñecedores da realidade lingüística do Bierzo, ademais do académico correspondente por esta comarca, Héctor Silveiro. Desta reunión a modo de toma de contacto este grupo de Alcaldes e entidades bercianas acordaron constituír unha Comisión de traballo para convocar un Simposio ao menor prazo posible de tempo coa intención de abordar a Planificación e Dinamización Lingüística no Bierzo tendo e conta, por un lado, o descenso de galego falantes nas últimas décadas e a importancia de que experiencias como o Programa de Galego nos centros educativos teñan continuidade e se complementen con iniciativas noutros ámbitos da sociedade berciana co obxectivo de conservar os espazos tradicionais de uso da fala (familiar e veciñal) á vez de incorporar novos espazos facendo uso dos dereitos lingüísticos que os cidadáns do Bierzo teñen e que aparecen recoñecidos tanto no Estatuto de Castilla y León como na Lei de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.



















A continuación deu comezo a homenaxe no Bierzo ó sabio polígrafo que tivo lugar no Teatro de Vilafranca e que contou finalmente con tres intervencións das catro previstas, pois por unha indisposición de Xosé Antón López Silva, este non puido asistir.  Josefina Garrido González, profesora de Zooloxía da Universidade de Vigo, realizou unha intervención como directora do Museo de Ciencias Naturais e Etnográfico dos Padres Paúis de Vilafranca na que enunciou algunhas das experiencias coas que a figura e a obra do Padre Sarmiento se incorpora á hora de estudar o patrimonio natural, cultural e lingüístico de Vilafranca e do Bierzo.  Henrique Monteagudo, secretario da RAG fixo unha disertación sobre Sarmiento poñendo especial fincapé no eido lingüístico e a evolución dos seus estudos sobre o galego, dunha inicial curiosidade filolóxica que acabou sendo un traballo sistemático e entregado. Puxo tamén o acento no interese por escoitar aos iletrados vellos, mulleres e nenos como interlocutores válidos para recoller a esencia do idioma. Entre outras puntualizacións quixo subliñar algo sobre o contexto no que aborda Sarmiento a súa preocupación pola Educación e que normalmente pasa desapercibido, resulta ser o tempo no que a orde dos Xesuítas, tradicionalmente dedicada á ensinanza no XVIII, fora expulsada de España. Finalmente, Xesús Alonso Montero, lembrou no seu discurso tanto a ocasión na que con motivo do tricentenario do nacemento de Sarmiento dera unha conferencia neste mesmo Teatro, como na solemne ocasión na que se realizou no Bierzo, por vez primeira na historia da Academia, un plenario con motivo do Día das Letras Galegas un 18 de maio do ano 2002 fóra da Galicia administrativa e rematou a súa intervención relatando o “chiste”, que é como o denominaba o erudito, que sobre a palabra “angazo” deixou anotado na súa Colección de voces y frases gallegas. Ao rematar a Alcaldesa de Vilafranca, Concepción López Blanco, fixo entrega dunha serie de agasallos aos ilustres visitantes.




















 O domingo 9 de marzo puideron visitarse novos puntos QR para realizar un percorrido polos espazos biográficos de Sarmiento na súa vila natal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario