domingo, 8 de novembro de 2015

MORALES NA ESCOLA PERMANENTE FERMÍN PENZOL

En distintas ocasiois a Escola Permanente Fermín Penzol que se organiza desde a Universidade de Vigo tivo a ben investigar e difundir a figura do noso emblemático e valente poeta, feito que confluiu con outras loables iniciativas que desde diversos entes bercianos se foron dando, especialmente nesta última década, van asentando no imaxinario berciano a este transcendental poeta do Rexurdimento do Galego no Bierzo que editou  dous anos antes que Rosalía os seus Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861).

Esta iniciativa atenta á realidade lingüística do denominado galego en Asturias, León, Zamora e Cáceres, realizouse en diversas ocasiois na nosa comarca. Fagamos un pouco de memoria e trasladémonos ao ano 2006, ano no que se celebrou a II Escola Permanente Fermín Penzol en Cacabelos e Vilafranca. Daquela se realizaou unha primeira homenaxe a Fernández Morales como podemos comprobrar pola pegada que permanece na rede:

- Bierzo TV

 - A voz de Galicia


No ano 2010 de novo Cacabelos e Vilafranca foron a sede da V Escola Permanente Fermín Penzol, ademais de Ponferrada. Este ano propúxose a candidatura de Antonio Fernández Morales para ser homenaxeado con motivo das Letras Galegas do 2011.




- Bierzo TV

- Bierzocomarca

Reportaxe fotográfica 

 E logo chegaría a edición da VI Escola Permanente Fermín Penzol centrada exclusivamente na figura de Morales da que xa neste blog podes atopar ampla información.



-Bierzo TV

- Reportaxe fotográfica



venres, 28 de agosto de 2015

MORALES ENTRE OS SOCIOS FUNDADORES DO TEATRO DE VILAFRANCA.

O Instituto de Estudios bercianos (IEB) acaba de editar o último número da súa revista, número 39 que contén un artigo no que Antonio Fernández Morales comparte protagonismo con Enrique Gil y Carrasco ao formar parte dos socios fundadores da Sociedade de Teatro de Vilafranca. O artigo titúlase:

O TEATRO ROMÁNTICO DA CAPITAL HISTÓRICA DO BIERZO E OS SEUS SOCIOS FUNDADORES: ENRIQUE GIL E FERNÁNDEZ MORALES.
 Héctor M. Silveiro Fernández

A historia do Teatro no Bierzo atópase a todas luces incompleta. Corrixindo  algúns erros e desenfoques anteriores, o presente traballo desvela un documento dos Estatutos da Sociedade de Teatro de Vilafranca do ano 1843 e a data de fundación do seu teatro, único teatro romántico do Bierzo e de León que segue en funcionamento na actualidade. Establécese unha relación destes eventos culturais co liberalismo e as reivindicaciois provincialistas. Neste Ano Romántico descubrimos a Gil y Carrasco establecendo vínculos coa súa vila natal ao figurar entre os fundadores do Teatro xunto con Fernández Morales, ambos cantores do Bierzo por excelencia, un en galego e o outro en castelán,  autores que nas súas composiciois procuran a identidade e singularidade da nosa terra, dos seus costumes e xentes, das súas linguas ou dialectos."


 Morales e Gil manteñen unha curiosa relación. Gil naceu no 1815 e Morales tiña dous anos máis, pero  namentres na década dos 40 Gil xa era un prestixioso xornalista e poeta na corte madrileña e preparaba a obra " El Señor de Bembibre", Fernández Morales comezaba a ser un home que ademais dun importante curriculum militar tamén gustaba do mundo da literatura e o teatro. Recomendamos vivamente a lectura deste interesante artigo que tenta iluminar certos aspectos da historia que comparten ao redor da Vilafranca a mediados do XIX distintos personaxes de interese para coñecer este momento singular da historia e da comarca.  

martes, 18 de agosto de 2015

Varias homenaxes a Morales no 2011

O ano 2O11 foi para o Bierzo unha data na que en diversos momentos e lugares, con distintos dinamizadores foi lembrada a figura de Antonio Fernández Morales. Traemos agora eiquí unha serie de publicaciois que foron distribuídas daquela e que pola súa tirada limitada tiveron escasa difusión, pero cremos que son testimuñas dignas e mostras fieis do cariño e interese que esperta esta figura entre os bercianos.

 Unha das primeiras ocasiois nas que se realizou unha homenaxe foi con motivo da Festa do Maio en Vilafranca do Bierzo. O día 30 de abril se realizaron varias dramatizaciois en base aos poemas do autor no Teatro vilafranquino do que no seu día nos fixemos eco.  a continuación imos colocar un enlace á blog da Escola de Gaitas de Vilafranca que xunto coa Comisión Cultural Martín Sarmiento editaron uns 100 exemplares desta edición especial da súa revista interna titulada que podedes consultar integramente no seguinte enlace: O correo da Escola nº 33. Reproducimos a continuación a súa portada:

 Estas dúas entidades anteriormente citadas presentaron días despois, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, un traballo didáctico elaborado por Héctor M. Silveiro Fdez titulado O REXURDIMENTO DO GALEGO NO BIERZO do que demos conta tamén ao seu debido tempo. Un  caderno de traballo para as escolas e institutos do Bierzo que tiña diversos formatos dependendo do nivel educativo aos que se dirixía:

Por outra banda, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta tamén editou o número 5 da súa revista dedicado a Fernández Morales incluíndo varios artigos de interese que reproducimos a continuación coa idea de que teñan a máxima difusión posible. A revista contou coa apoio institucional da Universidade de Vigo ( a través da súa Área de Normalización lingüística)  ao facer coincidir a súa saída coa celebración da 6ª Escola Permanente Fermín Penzol como homenaxea a Antonio Fernández Morales que se levaría a cabo nos días 7 e 8 de outubro de 2011 en Cacabelos e  Ponferrada.






mércores, 18 de febreiro de 2015

NA PROCURA DO ENTROIDO TRADICIONAL DA MAO DE MORALES

Curioso Entroido o que organizaron este ano en Ponferrada na procura do Entroido tradicional e seguindo o poema de Antonio Fernández Morales que leva ese título. Unha reportaxe fotográfica que aparece no diario dixital infobierzo deixa constancia na rede de semellante evento. Trátase dunha iniciativa do grupo Alegría berciana que segundo parece fíxo  unha  posta enescena seguindo ao pé da letra o que deixou dito o noso poeta nos seus Ensayos poéticos en dialecto berciano.