martes, 18 de agosto de 2015

Varias homenaxes a Morales no 2011

O ano 2O11 foi para o Bierzo unha data na que en diversos momentos e lugares, con distintos dinamizadores foi lembrada a figura de Antonio Fernández Morales. Traemos agora eiquí unha serie de publicaciois que foron distribuídas daquela e que pola súa tirada limitada tiveron escasa difusión, pero cremos que son testimuñas dignas e mostras fieis do cariño e interese que esperta esta figura entre os bercianos.

 Unha das primeiras ocasiois nas que se realizou unha homenaxe foi con motivo da Festa do Maio en Vilafranca do Bierzo. O día 30 de abril se realizaron varias dramatizaciois en base aos poemas do autor no Teatro vilafranquino do que no seu día nos fixemos eco.  a continuación imos colocar un enlace á blog da Escola de Gaitas de Vilafranca que xunto coa Comisión Cultural Martín Sarmiento editaron uns 100 exemplares desta edición especial da súa revista interna titulada que podedes consultar integramente no seguinte enlace: O correo da Escola nº 33. Reproducimos a continuación a súa portada:

 Estas dúas entidades anteriormente citadas presentaron días despois, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, un traballo didáctico elaborado por Héctor M. Silveiro Fdez titulado O REXURDIMENTO DO GALEGO NO BIERZO do que demos conta tamén ao seu debido tempo. Un  caderno de traballo para as escolas e institutos do Bierzo que tiña diversos formatos dependendo do nivel educativo aos que se dirixía:

Por outra banda, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta tamén editou o número 5 da súa revista dedicado a Fernández Morales incluíndo varios artigos de interese que reproducimos a continuación coa idea de que teñan a máxima difusión posible. A revista contou coa apoio institucional da Universidade de Vigo ( a través da súa Área de Normalización lingüística)  ao facer coincidir a súa saída coa celebración da 6ª Escola Permanente Fermín Penzol como homenaxea a Antonio Fernández Morales que se levaría a cabo nos días 7 e 8 de outubro de 2011 en Cacabelos e  Ponferrada.






Ningún comentario:

Publicar un comentario