xoves, 25 de febreiro de 2016

CONVOCADAS AS VIII XORNADAS MARTÍN SARMIENTO


A convocatoria das VIII Xornadas Martín Sarmiento supón unha nova oportunidade para asentar o Programa do galego nos centros de ensinanza do Bierzo e dar pasos para lograr unha nova dinámica cultural e lingüística na comarca do Bierzo e na que autores como Fernández Morales, do que se aproxima o seu bicentenario, volverán a ter un protagonismo ineludible.
Colgamos a continuación o programa que a Comisión Cultural Martín Sarmiento vén de facer público.


A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA GARANTÍA DA RIQUEZA PATRIMONIAL

As VIII Xornadas Martín Sarmiento realizan de novo unha convocatoria na que, en sesión de mañá, se porán en común diversas experiencias escolares baixo o lema “A diversidade Lingüística, garantía da riqueza patrimonial”. Acudirán escolares de todo o Bierzo a celebrar o Día do Galego nos centros docentes do Bierzo, o 9 de marzo día no que naceu o Padre Sarmiento en Vilafranca. Destacamos entre outras iniciativas a que  froito da colaboración coa Fundación Antonio Pereira denominamos “Antonio Pereira en galego”.

NOVOS ESPAZOS PARA
O GALEGO NO BIERZO

Nas dúas últimas ediciois destas Xornadas, que organiza a Comisión Cultural “Martín Sarmiento” de Vilafranca,  mantivemos varios debates coas autoridades educativas e con distintos alcaldes e entes bercianos preocupados pola perda de falantes de galego no Bierzo dos que ten participado mesmo a Real Academia Galega.
A situación da lingua galega no Bierzo evidencia unha falta de Planificación e Dinamización lingüística necesarias como acaba de certificar o Comité de Expertos para a Carta Europea das linguas Rexionais e minoritarias do Consello de Europa.

A presente edición pretende proseguir co debate, pero á vez redactar  un catálogo de propostas para fortalecer o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual programa de Promoción nos centros escolares e abrir novos espazos para o galego na comarca.

Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo.  
mércores  9 de marzo 2016, Vilafranca do Bierzo.
1ª SESIÓN: TEATRO VILAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”
9,30 h. APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE SECUNDARIA:
Saúdo do Alcalde de Vilafranca.
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DE SECUNDARIA: ANTONIO PEREIRA EN GALEGO. Intercambio Escolar dos IES do Bierzo, un pequena exposición que realiza cada centro que participa no Programa de galego no Bierzo. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)            
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

10:00 h: Sarmiento no Día do Galego no Bierzo. Grupo de teatro “Voladores” de Vilafranca dirixido por Sara Ortiz.
10,30 h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León.
2ª SESIÓN:
11,00h: . APERTURA DOS INTERCAMBIOS DE PRIMARIA .
- Actuación  de PABLO DÍAZ e a BANDA TIC TAC TOC, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia,
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.

12,40 h.Breve intervención das Autoridades educativas presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.

SESIÓN DE TARDE  (9 de marzo)
TEATRO VILAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”

16,30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
MESAS DE TRABALLO  PARA  UN CATÁLOGO DE PROPOSTAS DE PLANIFICACIÓN E DINAMIZACIÓN:  NOVOS ESPAZOS PARA O GALEGO NO BIERZO.

1-EDUCACIÓN: Representantes de SXPL, CASTILLA Y LEÓN, MESTRES, PROFESORES, ALUMNOS E DIRECTORES/ Comisión Cultural.
2- ADMINISTRACIOIS: ALCALDES DO BIERZO OESTE  E  PRESIDENTE  DO CONSELLO COMARCAL.
3- CULTURA: ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS CULTURALES DO BIERZO.
4- MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Periodistas e medios de comunicación da comarca.
5- LITERATURA: Editores e escritores do Bierzo.

HORARIO PREVISTO:
16,30 - 17,30 Intervenciois previas.
17,30 - 18,30 Mesas de traballo do catálogo.
19,00- Redacción das propostas, prazos e revisión do mesmo.
19,30-20,00    Presentación do Catálogo de propostas: Novos espazos para o galego no Bierzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario