domingo, 7 de febreiro de 2016

UN TEATRO E DOUS POETAS

Aspecto recente do interior do Teatro, foto de Luis de la Mata (Diario de León)

Enrique Gil y Carrasco e Antonio Fernández Morales, os dous poetas do Bierzo máis destacados do séculos XIX, volven a ser noticia xuntos ao se dar a coñecer a resolución do Corporación municipal de Vilafranca de darlle o nome do Teatro Villafranquino ao poeta nacido nesta vila e figurar ao lado do noso poeta Fernández Morales como socios da Sociedade de Teatro que nacía na capital berciana o mes de xaneiro de 1843 á vez de poñer en marcha un espazo teatral que hoxe é o único e máis antigo teatro destas características en León que ademais veña estando en uso dende a época do Romanticismo ata o día de hoxe.

As distintas informaciois sobre este teatro que circulan, tanto en textos escritos, como na rede ou documentación de carácter oficial en muitas ocaisois son datos erróneos. Por ese mesmo motivo é nesesario resaltar que foi ese ano de 1843 no que comeza a funcionar sendo impulsores da iniciativa un grupo de vilafranquinos e bercianos que agora coñecemos grazas a un traballo de investigación recentemente editado. Entroutras cousas neste estudo faise referencia á cita explícita  que o noso poeta realizou sobre este teatro no poema Villafranca e a vendima nos seus Ensayos poéticos en dialecto berciano. Lembremos que na década dos anos corenta do XIX, a súa familia e el mesmo, por tempadas, residiu nesta vila.

Os tratamentos na rede que podedes consultar e que reclamamos sexan modificados, son os que podemos consultar na wiquipedia onde se di literalmente que comezou a construírse en 1903. Debe mellorar obviamente a propia información que sobre o teatro ofrece a propia páxina oficial do Concello de Vilafranca qure debería de ser das primeiras páxinas en modificar os contidos referidos a este espazo dramático único da provincia e un dos teatros máis antigos de toda Castilla y León. Isto é algo que tampouco se deixa ver aínda  nos distintos catálogos e referencias a espazos escénicos da comunidade autónoma.

No seu prólogo Morales comeza dicindo: " Lejos de acariciar la atrevida idea de publicar la futiles colecciones de mis Ensayos poéticos y dramáticos en que por mero entretenimiento me he ocupado...".  Marcamos en negriña a palabra dramáticos porque pode que esetamos ante a confesión do propio poeta de que existen ou existiron tamén uns "Ensayos dramáticos" entre as súas composiciois, cousa que non resultaría estraña agora que sabemos que estivo implicado na posta en marcha dunha sociedade teatral e indirectamente na do mesmo teatro en Vilafranca. Tampouco nos resulta difícil de imaxinar posto que muitos dos seus poemas presentan partes dialogadas e fórmulas mui afíns ás dervadas do xénero dramático.  O concepto que se tiña do teatro daquela podémolo contrastar nas palabras dun home de teatro como sen dúbida era Enrique Gil. Este autor que vivía os estrenos no Madrid romántico deixou dito entre sus numerosas críticas teatrais: “ (O teatro) Es la expresión literaria más completa de la época presente, la que más influjo está llamada a ejercer sobre la actual sociedad…de modo que el teatro, como único medio que nos resta de comunicación directa con las masas, es el queda en posesión de tan preciosa prerrogativa.”  

Morales compartía seguramente esa visión tan importante e transcendente na sociedade que defendía Gil con rotundidade: "El drama nació con los derechos del pueblo y con las prerrogativas de cada hombre". Non nos cabe ningunha dúbida de que Morales e Gil son para os seus lectores do século XXI  algo así como unha moeda que presenta dúas caras (as dúas linguas nas que escribiron) e que representan a esencia dese legado histórico do Bierzo do XIX. Todo un luxo que estean xuntos nesta empresa cultural que foi a Sociedad de Teatro de Villafranca e da posta en marcha do seu teatro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario