martes, 22 de marzo de 2016

NOVA EDICIÓN DOS ENSAYOS POÉTICOS DE MORALES

En breve estará nas librarías a nova edición dos Ensayos poéticos en dialecto berciano do noso autor Antonio Fernández Morales que publica Edicións Positivas cuxo director é o berciano Paco Macías.
O reto de facer visible a obra deste autor e realizar unha boa distribución no ámbito galego é unha das apostas que leva ao editor a realizar a presente edición que vai formar parte da colección Diversos, unha das máis populares da citada editora.

Morales compartirá colección con Lois Pereiro e Charles Bukowski, con Rosalía Fernández Rial e A. Ginsberg, con Safo e Paula Carballeira, con Wislawa Szymborska e Walt Whitman, con Estevo Creus e Lupe Gómez...
Chegará o autor berciano ao corpus da literatura galega, farao con certo retraso, e será para quedar.
A edición deste poemario será "limpa", sen limiares nin ningún texto explicativo, tal e como sucede en todos os poemarios da colección.
Respetarase a edición orixinal, sen adaptacións a grafías actuais nin outras correccións.
Será un volume de 300 páxinas, que se vendará ao prezo de 18,00 €.

A seguir colocamos un par de enlaces coa nova da próxima aparición editorial nunha entrevista que se realizou recentemente ao seu director

Referencia a outra edición dunha Antoloxía do autor editada en León no 2007 

Ningún comentario:

Publicar un comentario