domingo, 24 de abril de 2016

Xurxo Lobato reivindica a Morales lendo un poema sobre o Bierzo de Manuel María

A reivindicación das próximas Letras galegas vai tomando corpo na comarca berciana e tamén na propia Galicia. desta volta foi un berciano residente en Galicia, Xurxo Lobato,  recoñecido fotógrafo, quen lendo un poema de Manuel María dedicado ao Bierzo aproveitou para manifestar o seu desexo de celebrar no mes de maio do 2017 a Antonio Fernández Morales.


O Bierzo é como unha néboa azul e branca
 esfarrapada, inconcreta e esvaída,
 unha soedade desamparada...


A nova saía publicada onte, día do libro, no Diario de León.
Manuel María retratado por Xurxo Lobato

Ningún comentario:

Publicar un comentario