xoves, 12 de xaneiro de 2017

Morales 2017


Co comezo do 2017 o 200 anivesario de Antonio Fernández Morales está cobrando pouco a pouco protagonismo en distintas columnas de opinión de diversos medios, especialmente a prensa, ademais dos máis áxiles asociados ás redes sociais.

Imos colocar na presente entrada, en primeiro lugar, o que aparece hoxe na prensa escrita asinado polo historiador berciano unha das persoas responsables, por non dicir ao que se debe, en gran medida, o rescate para os nosos días desta figura que estab esquecida e permanecía marxinada tanto no Bierzo como en Galicia. Referímonos ao artigo que asina hoxe José Antonio Balboa de Paz no diario La Nueva Crónica.

Hai outras intervenciois, tamén interesantes e anteriores que iremos colocando a continuación, como a que apareceu no Diario de León  hai uns días, o 9 de xaneiro.

Con posterioridade tamén están publicándose outros artigos como o asinado por Marcelino B. Taboada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario