martes, 21 de febreiro de 2017

AS IX XORNADAS SARMIENTO EN HOMENAXE A MORALES


As IX Xornadas Martín Sarmiento, que se convocan anualmente en Vilafranca do Bierzo este ano están dedicadas ao noso autor Antonio Fernández Morales con motivo do seu Bicentenario. O día do Galego nos centros de ensino do Bierzo e os seus intercambios didácticos van ser o primeiro dos actos do seu Bicentenario. Serán centos de escolares bercianos os primeiros en renderlle esta homenaxe a través de dramatizacois dos seus versos, recreaciois plásticas nun exercicio colectivo de difusión e coñecemento do cantor da Bierzo en galego.

As Xornadas abordarán ademais unha serie de propostas de promoción da lingua que van ter como principal fío condutor o Bicentenario do escritor. Estas propostas nacerán do debate da mesa "das arelas de Sarmiento" que tamén o próximo día 14 de marzo se levará a cabo na sesión da tarde das Xornadas en Vilafranca do Bierzo. 

Deixamos eiquí o texto que a Comisión Cultural Martín sarmiento de Vilafranca acaba de facer público co programa das Xornadas:

ANTONIO FDEZ. MORALES
E O GALEGO NO BIERZO

O bicentenario do cantor do Bierzo en galego, Antonio Fernández Morales que comezamos a celebrar nas IX Xornadas Martín Sarmiento sempre é un bo momento para realizar unha reflexión colectiva sobre  unha das metas deste autor, meta na que coincide ademais plenamente con Sarmiento. Referímonos á reivindicación da lingua na que ambos escribiron. É por iso  de destacar que serán  escolares de todo o Bierzo os que o celebren primeiro no Día do Galego nos centros docentes do Bierzo coincidindo cos 15 anos do comezo deste Programa de Promoción no Bierzo.

CREANDO NOVOS  ESPAZOS PARA
O GALEGO NO BIERZO

A situación da lingua galega no Bierzo evidencia unha falta de Planificación e Dinamización lingüística necesarias como reclama o Comité de Expertos para a Carta Europea das linguas Rexionais e minoritarias do Consello de Europa.
Nas últimas ediciois nas sesiois da tarde destas Xornadas, que organiza a Comisión Cultural “Martín Sarmiento” de Vilafranca,  coa participación da Real Academia galega, as autoridades educativas autonómicas,  alcaldes del Bierzo e o Consello Comarcal entre outros entes bercianos preocupados pola perda de galego-falantes redactamos  un catálogo de propostas para  fortalecer  o uso da nosa fala onde habitualmente é utilizada, mellorar o actual programa de Promoción nos centros escolares e abrir novos espazos para o galego na comarca que pretendemos impulsar á calor deste 2017, ano do Bicentenario de Morales.

Día Programa do Galego nas escolas do Bierzo.
martes  14 de marzo 2017, Vilafranca do Bierzo.
1ª SESIÓN: TEATRO VILAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”
9,30h. APERTURA DO INTERCAMBIO DE SECUNDARIA
Saúdo do Alcalde de Vilafranca.
DRAMATIZACIÓN DE TEXTOS DE FERNÁNDEZ MORALES  realizadas polos alumnos/as do Programa de Promoción de galego con motivo do Bicentenario do autor dos Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861).
IES Padre Sarmiento (Vilafranca)            
IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada.

10:10 h. Presentación da EXPOSICIÓN DIDÁCTICA: Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo. Trátase dunha exposición deseñada para coñecer mellor o contexto e contribución do autor á historia da lingua galega no Bierzo e a súa reivindicación como autor do movemento literario do Rexurdimento.
10,30 h.: Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León.
2ª SESIÓN:
11,00h. APERTURA DA SESIÓN DE PRIMARIA:
- Actuación musical "Cantarolas para xente miúda" de Senén Vaamonde subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Asisten alumnos/as dos centros de PRIMARIA de:
CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca,
CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos,
CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada,
CEIP Compostilla de Ponferrada,
CEIP Jesús Maestro de Ponferrada,
CEIP San Ildefonso de Camponaraia, 
CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada,
CEIP Toral de Meraio,
CEIP M.L.Ucieda de Toral dos Vados,
CRA Carucedo,
CRA Jimena Muñiz de Corullón,
CRA Puente de Domingo Flórez,
Colexio Divina Pastora de Vilafranca.

12,40 h.Breve intervención das Autoridades educativas presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.

SESIÓN DE TARDE  (14 de marzo)
TEATRO VILAFRANQUINO
“ENRIQUE GIL Y CARRASCO”

16,30 h. MESA DE DEBATE: As arelas de Sarmiento.
MESA DE TRABALLO: SEGUIMENTO DO CATÁLOGO DE PROPOSTAS DE PLANIFICACIÓN E DINAMIZACIÓN:  NOVOS ESPAZOS PARA O GALEGO NO BIERZO. Contaremos coa presenza e asesoramento da Real Academia Galega.

1-EDUCACIÓN: Representantes da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Consejería de Educación de la Junta de Castela e León, docentes e directores dos centros e Comisión Cultural.
2- ADMINISTRACIOIS: ALCALDES DO BIERZO OESTE  E  PRESIDENTE  DO CONSELLO COMARCAL.
3- CULTURA: COLECTIVOS CULTURAIS DO BIERZO.
4- MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Periodistas e medios de comunicación da comarca.
5- LITERATURA: Editores e escritores do Bierzo.
HORARIO PREVISTO:
16,30- Intervencións previas e debate.
17,30- Presentación de propostas do catálogo: Novos espazos para o galego no Bierzo para o presente ano 2017 no Bicentenario de Antonio Fernández Morales.


Ningún comentario:

Publicar un comentario